Por que tes o móvil en portujés?
En multitude de ocasións me teñen dito cousas como: - Por que escribes en portugués? - Tes o móvil en portugués! - Queredes ser portugueses en vez de españoles. - Facédelo para diferenciarvos do español... Este post que escribo, fágoo para aclarar todos estes prexuízos e descoñecemento que moita xente ten. En primeiro lugar, isto é un artigo estrictamente sobre língua, pido que se tente non misturar con política territorial, fronteiras ou nacións. E pido tamén que se intente quitar do medio as ideas que se teñan preconcebidas, ou se de por sentado que é o que eu vou dicir nin as conclusións ás que vou chegar sen antes ler. Quero primeiro expoñer uns feitos, e logo xa haberá tempo de chegar a algunha conclusión ou actitude a tomar. Hoxe en día hai un movimento de cada vez mais xente que "pasa" da normativa oficial do galego, e decide empregar a ortografía portuguesa. ¿Por que? É necesario dar unha pasada rápida pola historia para explicar o presente e poder ent...